Amanecer
Amanecer
[PUBLIC]
Revista nada en marzo de 1957 na Coruña e editada pola Delegación de Educación Nacional da Universidade de Santiago. Cesou en marzo de 1958. Promovida por Miguel González Garcés e polo Club Imperio do Frente de Juventudes da Coruña, contén composicións poéticas de temática amorosa e relixiosa de autores pertencentes ao grupo Amanecer, como Manuel Álvarez Torneiro, Avilés de Taramancos, Rosario Barros, Urbano Fernández e Xulio Seijas, entre outros.