amaneirado -da
amaneirado -da
(< amaneirar)
-
p reg
de amaneirar.
-
adx
Dise do ademán, xesto, forma de vestir ou expresarse rebuscados e refinados, conforme a moldes establecidos e faltos de naturalidade.
Ex: Ten uns ademáns un pouco amaneirados.
-
adx
Aplícase a un home que ten aspecto, modais, voz, xestos, etc característicos dunha muller.
-
adx
Aplícase á persoa, escritor, artista, xestos, expresións, posturas, linguaxe, estilo, e outras formas de carácter afectado.
Ex: Forman un grupo de pintores amaneirados que se reúnen os luns.
-
adx
[ARTE]
Durante moito tempo designou a corrente manierista, pola súa significación de artista que facía a súa arte ‘ó xeito’ dun mestre. Esta denominación foi abandonada a medida que se foi revalorizando o movemento manierista e profundándose no seu estudio.