Amari, Michele
Amari, Michele
Historiador e político siciliano. En Un periodo della istoria siciliana del secolo XIII (1842), reeditada co título La guerra del Vespro Siciliano, deu a coñecer a Crónica de Bernat Desclot. Ao se desencadear a revolta de 1848, foi deputado no Parlamento, Ministro de finanzas e representante do goberno revolucionario en París e en Londres. Ao caer este (1849), fuxiu a Malta e despois a Marsella. No Reino de Italia foi senador (1861) e Ministro de Instrución Pública (1862-64). Destaca a súa Storia dei Musulmani di Sicilia (1854-1872).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Palermo -
Deceso
Lugar : Florencia