amberlite
amberlite
s
f
[QUÍM]
Marca de resinas sintéticas de intercambio iónico constituídas por polímeros reticulados en forma de pequenos grans. Empréganse para eliminar ións simples e complexos de solucións acuosas e non acuosas. Son susceptibles de rexeneración e a súa natureza, capacidade de intercambio e porosidade son moi variadas. Utilízanse no tratamento de augas, como catalizadores, en cromatografía, e en certas preparacións farmacéuticas.