Ambía

Ambía
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural da Torre de Armariz, preto de Xunqueira de Ambía en Allariz. Algúns xenealoxistas din que procede do rico-home Gonzalo Froila, dos tempos do Rei Ramiro III (s X), parente de san Rosendo e dos condes de Celanova, e fundador do convento de Xunqueira de Ambía, onde existen lápidas sepulcrais de cabaleiros desta caste como o valente Paio Rodriguez de Ambia. Tivo unha descendencia numerosa que deu orixe a dúas ilustres familias de Galicia: os Ambía e os Sotelo. Pertenceu a esta casa Paio Rodriguez de Ambía, quen sostivo en Valladolid un desafío sen término con Rui Páez de Biedma de Ambía. As súas armas levan, en campo de azur, cinco crecentes de ouro (ou prata), coas puntas cara a arriba, colocados en aspa. Outra variante ostenta, en campo de goles, cinco medias lúas de prata, colocadas en aspa.