ambición

ambición

(< lat ambitĭone, deambīre ‘pretender’)

  1. s f

    Desexo moi forte de conseguir honores, dignidades, fama, poder ou calquera cousa que afague o amor propio.

    Ex: A súa ambición conseguiu que non o amedrentasen na empresa.

    Sinónimos: afán, anhelo, ansia, cobiza. Confrontacións: apetencia, prurito.
  2. s f

    O que é obxecto de ambición.

    Ex: A súa maior ambición é presidir a empresa.

  3. ambición patolóxica [PAT]

    Ambición esaxerada que se corresponde coas aspiracións anormais de certos enfermos mentais. Nas psicoses que se acompañan de megalomanía, pódese converter nun verdadeiro delirio (delirio de grandeza).

Refráns

  • Cada un tira tras do que Ile tira.
  • Cu vexo, cu quero.
  • O que anda descalzo soña con bos zapatos.
  • O que dúas lebres segue pode cazl,lr unha e, moitas veces, ningunha.
  • O que máis alto se pon, logo se vai ao fondón.
  • O que moito agarra, pouco apreta.
  • O que non ten vergonza ten por súa a terra toda.
  • Onde hai gana hai maña.
  • Quen quere besta sen chata, a pe anda.
  • Quen todo o quere, todo o perde.
  • Tresceousas pedía, se Deus mas dese: a tea, o tear e a que tece.