afán

afán

(onomatopeia)

  1. s m

    Actitude que amosa unha persoa de total interese e preocupación por unha actividade concreta ou por alguén.

    Ex: O seu desexo de acadar un posto na universidade faino traballar cun afán eloxiable.

    Sinónimos: ardor.
  2. s m

    Desexo vivo de acadar algo, traballando xeralmente con entusiasmo para logralo.

    Ex: Ten un afán intenso de chegar moi alto.

    Sinónimos: ambición, anhelo, ansia, arela, cobiza, degoxo, devezo, arela. Confrontacións: apetencia, prurito.

Palabras veciñas

afalar | 1 afamado -da | 2 afamado -da | afán | Afán | Afán | Afán de Ribeira