ardor

ardor

(< lat ardor)

  1. s m

    Calidade ou estado do que está ou é moi quente.

    Sinónimos: ardencia, ardentía.
  2. s m

    Sabor picante producido por algunhas substancias.

    Sinónimos: ardencia.
  3. s m

    Interese ou intensidade na execución de algo.

    Sinónimos: afán, ardencia, entusiasmo, vehemencia, fervor, empeño.
  4. s m

    Perturbación do ánimo ou a razón debido a un forte sentimento ou a violentas inclinacións do espírito.

    Sinónimos: paixón.