ardentía

ardentía

(< ardente)

  1. s f

    Luminosidade ou fosforescencia que presentan as augas mariñas orixinadas polos movementos dos peixes ou outros organismos que viven nelas.

    Sinónimos: ardora.
  2. s f

    Calor ou sensación de calor intensa.

    Sinónimos: ardencia, ardor.
  3. s f

    Malestar provocado pola acidez ou o ardor de estómago.

    Sinónimos: acedía, acía, acidez, cortón, escaldazo, queimura.

Palabras veciñas

ardénico -ca | Ardennes | ardente | ardentía | Ardeola | arder | Ardèvol i Cabrer, Jaume