cortón

cortón

(< cortar)

  1. s m

    Sensación de malestar provocada polo ardor de estómago.

    Ex: Os cortóns non me deixaron durmir en toda a noite.

    Sinónimos: acedía, acedume, acía, acidez, ardentía, escaldazo, queimura.
  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto do xénero Gryllotalpa, da orde dos ortópteros, de actividade subterránea, que se alimenta principalmente de raíces e rizomas. Nas terras cultivadas a súa actividade pode afectar ás plantacións.