Afán de Ribeira
Afán de Ribeira
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria da Limia que se asentou en Andalucía a finais do s XV, entroncando coas familias máis ilustres da Península. Boa parte dos cabaleiros desta liñaxe ingresaron nas Ordes de Santiago, Calatrava e Alcántara. Leva as mesmas armas ca estirpe galega dos Ribeira: tres faixas, en campo de ouro.