Ambiente

Ambiente

Semanario dominical bilingüe publicado entre 1951 e 1954 en Carballiño, subtitulado “Órgano semanal de Acción Católica do Carballiño”. Colaboraron nel: Ramón Otero Pedrayo, Fariña Jamardo, Luís Padrón, Paulino Pedret Casado, Ferro Couselo e Ánxel Sevillano, entre outros. Contiña información local, temas relixiosos e cultura nas diversas seccións: “Noticiario”, “Aquí Carballiño”, “Deportes” e “Humor”.