Ambon
Ambon
Cidade de Indonesia, capital do arquipélago das Molucas, á beira do mar de Banda (208.898 h [1980]). Situada na illa de Ambon, de relevo montañoso, posúe unha fortaleza, a de New Victoria que domina o porto e a cidade. En 1512 instaláronse os portugueses, atraídos polo comercio de especias, concretamente o cravo, ata que foron suplantados polos holandeses en 1600, que impediron todo intento de establecemento por parte dos británicos, os que, de todos os xeitos, ocupárona nos períodos de 1796-1802 e 1810-1814. Durante a Segunda Guerra Mundial foi tomada polos xaponeses, ata a súa incorporación a Indonesia, en 1949.