amebiase

amebiase
  1. s f [PAT]

    Enfermidade provocada por diversas especies de ameba (como a Entamoeba histolytica), que, ao se poñeren nos intestinos, poden provocar unha síndrome disentérica ou unha verdadeira disentería (aguda ou crónica). Pode afectar, tamén, a outras vísceras, onde ocasiona abscesos amébicos.

  2. amebiase das abellas [PAT]

    Enfermidade das abellas provocada pola Malpighamoeba mellificae, ameba que se atopa nos tubos de Malpighi (aparello excretor) dos individuos adultos; comporta a destrución do revestimento epitelial.

Palabras veciñas

ameba | amebeo -a | amebiano -na | amebiase | amébido -da | amebocito | ameboide