ameba

ameba

(< gr ἀμοιβή ‘cambio’)

s f [PROTISTA]

Denominación que reciben os protozoos da orde dos ameboides, todos eles constituídos por unha soa célula núa limitada por unha membrana fina. Son transparentes e teñen o citoplasma claramente diferenciado en ectoplasma e endoplasma. A célula varía constantemente de forma por mor da emisión de pseudópodos, con función locomotora ou alimentaria (captura de presas). Reprodúcense por bipartición e poden vivir na auga doce, no mar ou na terra húmida. Tamén hai especies parasitas, tanto do home como doutros animais, que poden ser causa dalgún tipo de amebiase.

Palabras veciñas

ameazador -ra | ameazante | ameazar | ameba | amebeo -a | amebiano -na | amebiase