ameba
ameba
(< gr ἀμοιβή ‘cambio’)
s
f
[PROTISTA]
Denominación que reciben os protozoos da orde dos ameboides, todos eles constituídos por unha soa célula núa limitada por unha membrana fina. Son transparentes e teñen o citoplasma claramente diferenciado en ectoplasma e endoplasma. A célula varía constantemente de forma por mor da emisión de pseudópodos, con función locomotora ou alimentaria (captura de presas). Reprodúcense por bipartición e poden vivir na auga doce, no mar ou na terra húmida. Tamén hai especies parasitas, tanto do home como doutros animais, que poden ser causa dalgún tipo de amebiase.