ameazar

ameazar

(

  1. v t

    Dar a entender a alguén a intención de lle facer mal.

    Ex: Ameazouno coa man e escapou correndo do lugar no que se encontraba.

    Confrontacións: coaccionar.
  2. v t

    Poñer en perigo algo ou alguén.

    Ex: A proliferación dos parques eólicos ameazan a paisaxe galega.

  3. v t

    Anunciar a alguén un perigo, un castigo, etc, se fai isto ou aquilo.

  4. vt

    Dar mostras de estar a piques de suceder unha cousa negativa, desagradable, perigosa.

    Ex: O teatro ameazaba ruína dende hai xa uns anos, pero ninguén fixo nada por salvalo. Este bochorno ameaza chuvias.

  5. v t [DEP]
    1. Iniciar un xogador un movemento de ataque coa finalidade de desorientar o adversario.

    2. No xogo do xadrez, situar unha peza ou peón en posición de matar a unha peza ou peón do contrincante.

Palabras veciñas

ameaza | ameazador -ra | ameazante | ameazar | ameba | amebeo -a | amebiano -na
Conxugar
VERBO ameazar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazo
ameazas
ameaza
ameazamos
ameazades
ameazan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazaba
ameazabas
ameazaba
ameazabamos
ameazabades
ameazaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameacei
ameazaches
ameazou
ameazamos
ameazastes
ameazaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazara
ameazaras
ameazara
ameazaramos
ameazarades
ameazaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazarei
ameazarás
ameazará
ameazaremos
ameazaredes
ameazarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazaría
ameazarías
ameazaría
ameazariamos
ameazariades
ameazarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameace
ameaces
ameace
ameacemos
ameacedes
ameacen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazase
ameazases
ameazase
ameazasemos
ameazasedes
ameazasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazar
ameazares
ameazar
ameazarmos
ameazardes
ameazaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ameaza
-
-
ameazade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ameazar
ameazares
ameazar
ameazarmos
ameazardes
ameazaren
Xerundio ameazando
Participio ameazado
ameazada
ameazados
ameazadas