ameaza

ameaza

(< lat v minacĭa

  1. s f

    Acción de ameazar.

    Ex: A pesar das ameazas dos radicais non abandonou a política.

  2. s f

    Anunciar a alguén por medio da palabra ou xesto a intención de lle facer dano ou infundirlle temor, preocupación, etc.

    Ex: Os pasaxeiros do avión con destino a un país asiático recibiron ameazas de secuestro.

  3. s f

    O que supón un perigo para algo.

    Ex: A política económica do goberno supón unha ameaza para a estabilidade do país.

  4. s f

    Indicio ou sinal a través do que se augura a inminencia dun perigo ou dalgunha cousa considerada negativa.

    Ex: As fortes chuvias destes días constituíron unha ameaza para a celebración das festas patronais.

  5. s f [DER]

    Delito consistente en intimidar a alguén co anuncio de causar un mal (a el, á súa familia, persoa, honra ou propiedade) sexa para acadar un determinado obxectivo, sexa como unha expresión de rancor ou de ira. Segundo a quen se dirixa a ameaza (Xefe do estado, autoridades, etc), o alcance ou non do propósito e o momento e a forma da intimidación, a penalidade é máis ou menos severa.

Refráns

  • Can ladrador que non ten forza ¡ai, se se descoida!
  • Home avisado, medio asoballado.
  • Pedrada antes contada, moi poucas veces gañada.
  • Pois somos recueiros, no camiño nos atoparemos.
  • Quen ameaza e non dá, medo ha.
  • ¡XO, que te destrozo, bu a de meu sogro!

Palabras veciñas

amea | ameán | 2 amear | ameaza | ameazador -ra | ameazante | ameazar