amea
amea
(<ár al + lat minae ‘ameas’)
s
f
[ARQUIT]
Cada unha das partes saíntes de forma prismática que coroan a parte superior das murallas a intervalos regulares, e destinadas á protección dos que a defenden. No caso de serviren para abeiro da artillería, os ocos que quedan entre ameas denomínanse canoneiras e os panos de lenzo de muro entre canoneiras, merlóns.