ambulatorio -ria

ambulatorio -ria

(

  1. adx

    Que se refire ao camiñar, que ten a facultade de camiñar.

    Ex: Fabricáronlle un equipo ambulatorio para poder camiñar.

    1. adx [MED]

      Dise do tratamento médico ou cirúrxico ou da enfermidade que non obrigan ao enfermo a gardar cama.

      Ex: Ten unha fractura na perna e necesita tratamento ambulatorio.

    2. s [MED]

      Establecemento sanitario onde se dispensa asistencia médica e farmacéutica aos enfermos que non precisan de hospitalización. Forma parte da organización sanitaria dun país, dentro do nivel da asistencia primaria. No ámbito do ambulatorio, os médicos de cabeceira ou os especialistas diagnostican, tratan e controlan a evolución de enfermidades que non necesitan atención hospitalaria, fan os exames preparatorios para unha intervención cirúrxica e o seguimento dos pacientes que xa teñen a alta hospitalaria.

      Ex: Teño cita no ambulatorio ás dez da mañá para poñer unhas inxeccións.

Palabras veciñas

ambulancia | ambulante | Ambulantes | ambulatorio -ria | AMD | amea | ameán