Amendola, Giorgio

Amendola, Giorgio

Político e avogado italiano, fillo de Giovanni Amendola. Militante das filas antifascistas (1924) e do Partido Comunista Italiano (1929), actuou coa Resistencia e pulou pola creación de comités de liberación (1943-1945). Foi deputado (1946), membro da Xunta Directiva (V Congreso, 1946) e da Secretaría Xeral do PCI. Á morte de Palmiro Togliatti (1964), pasou a ser o ideólogo dunha liña moderada.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso