Amenofis III

Amenofis III

Noveno Faraón da XVIII Dinastía (1417-1379 a C), un dos máis poderosos do antigo Exipto, que acadará con el a súa máxima expansión territorial. Fillo de Tuthmosis IV e de Mutemweya, casou con Tiy e tamén se desposou coa princesa mitanniana Gilukhepa, así como con algunhas fillas súas, como a princesa Sitamon, nai dos faraóns Smenkhkara e Tutankhamon. O seu reinado foi un dos máis brillantes do Exipto faraónico, como o testemuña a intensa actividade construtora (templos de Luxor, de Soleb, tumba no Val dos Monos, póla do Val dos Reis, Colosos de Mémnon, etc). Acentuou o culto a Atón, que predominaría en tempos do seu sucesor Akhenaton.

Palabras veciñas

ameno -na | Amenofis I | Amenofis II | Amenofis III | Amenofis IV | amenorrea | amenorreico -ca