amenorrea
(
-
s
f
[FISIOL/PAT]
Falta de fluxo menstrual. Fenómeno fisiolóxico que se presenta antes da pubertade, durante o embarazo e boa parte do período de lactación, e despois da menopausia. Considérase patolóxica cando ten lugar pasados os dezaoito anos e mantense máis alá de dous ciclos menstruais.
-
amenorrea hipofisaria
[PAT]
Amenorrea que se produce como consecuencia de disfunción ou de tumores hipofisarios.
-
amenorrea hipotalámica
[PAT]
Amenorrea de orixe psicoxénica ambiental ou tumoral.
-
amenorrea hormonal extragonadal
[PAT]
Amenorrea producida por unha disfunción da médula, das cápsulas suprarrenais ou da tiroide.
-
amenorrea ovárica
[PAT]
Amenorrea ocasionada por unha disxenesia, castración, disfunción ou enfermidades ováricas.
-
amenorrea por causas xerais
[PAT]
Amenorrea por causa de infeccións, trastornos da nutrición, anemia, etc.
-
amenorrea uterina
[PAT]
Amenorrea motivada pola ausencia, hipoplasia ou destrución do endometrio.
-
amenorrea vaxinal ou criptoamenorrea
[PAT]
Amenorrea que resulta dunha aplasia da vaxina ou da imperforación do hime.