Amer, Mohammed Abdul Hakim
Amer, Mohammed Abdul Hakim
Militar exipcio. Foi membro da organización dos oficiais libres que provocou a caída da monarquía exipcia (1952) e formou parte do consello da revolución. Cando se proclamou a República Árabe Unida (1953-1962) foi designado comisionado especial en Siria (1959-1961). Así mesmo accedeu ao cargo de Vicepresidente da RAU (1964) cando esta quedara reducida na práctica a un consello coordinador conxunto entre Exipto, Siria e Iemen. Foi Comandante en xefe das forzas da Liga Árabe (1964-1967) e conseguiu a colaboración militar da URSS (1966) para esa organización. Por mor do fracaso exipcio diante das forzas israelís (1967), no terceiro conflito árabe-israelí, retirouse. Despois de participar nunha conspiración contra Nasser, suicidouse.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Istal -
Deceso
Lugar : O Cairo