América Central
América Central
Subcontinente formado pola parte de América comprendida entre os istmos de Tehuantepec, en México, e de Panamá. Os seus límites físicos son, ao N, a cordilleira Neovolcánica, en México, e ao S, o val inferior do Atrato, en Colombia. Comprende as repúblicas de Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, coa Zona do Canal, e Belice. Inclúese, tamén, o rosario de illas antillanas.