Amia
Amia
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes de auga doce da familia dos ámidos, duns 60 cm de lonxitude, que se consideran de transición entre os peixes cartilaxinosos e os óseos. Poden sobrevivir un tempo na lama fóra da auga, respirando coa vexiga natatoria. Existe unha soa especie, A. calva, considerada como un fósil vivente, que vive nas augas tranquilas de América do Norte.