amieiral

amieiral

(< amieiro + suf abudancial-al)

  1. s m

    Lugar poboado de amieiros.

    Ex: Construíron un parque marabilloso no medio do amieiral.

    Sinónimos: abeneiral, ameneiral.
  2. s m [BOT/XEOG]

    Formación vexetal na que a especie arbórea predominante é o amieiro, normalmente asociada a cursos de auga ou zonas asulagadas especialmente sobre solos ácidos. Forma bosques de galería cando os cursos son estreitos e entran en contacto as copas das árbores. En Galicia esta é unha comunidade vexetal amplamente distribuída debido á densidade de cursos fluviais; os máis representativos pódense atopar nas ribeiras do Eume e do Louro. Debido á súa atlanticidade e meridionalidade dentro da distribución europea, que determinan unhas condicións climáticas cálidas, poden albergar taxóns de afinidade subtropical ou macaronésica (como os fentos Culcita macrocarpa, Davallia canariensis e Woodwardia radicans). Outras árbores comúns no amieral son os bidueiros e salgueiros; entre as herbáceas son frecuentes especies nemorais como anémonas, narcisos e violetas, e gramíneas dos xéneros Luzula e Carex. A fauna máis aparente está representada por aves como o ouriolo e o cardeal común. Os fungos máis frecuentes son lignícolas como as especies Lentinus tigrinus, Mycena tortuosa, Naucoria escharoides, Naucoria scolecina e Pholiota alnicola.

    Sinónimos: abeneiral, ameneiral.

Palabras veciñas

amidonar | amidopirina | amiduro | amieiral | amieiro | Amiel, Henri Frédéric | amielia