Amigo Alonso, Miguel

Amigo Alonso, Miguel

Pintor. Despois dunha estadía en Suíza, onde realizou a súa primeira exposición na Galerie Tosin (Basel, Suíza 1975), volveu a Galicia e participou en numerosas exposicións, tanto individuais como colectivas, entre as que destacan as realizadas na Galería Van Gogh (Vigo, 1975), no Real Club Náutico de Vigo (1980), Galería Noveccento (Vigo, 1981), Casa da Cultura (Vigo, 1983), Caixa de Aforros Municipal de Vigo (Vigo, 1984). Obtivo o II premio do certame Arte Xoven Galego II (Vigo, 1979) e a Mención de Honor Arte Xoven Galego III (Vigo, 1980). A súa pintura caracterízase por unha tendencia abstracta vinculada a un certo construtivismo, unha sorte de paisaxe desolado no que os planos aluden a un rigor xeométrico, cheo dunha atmosfera irreal.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo