Amigo del Feligrés, El
Amigo del Feligrés, El
Publicación relixiosa quincenal e gratuíta do mosteiro de Poio, aparecida o 14 de febreiro de 1932 e que cesou o 15 de decembro de 1935, no número 99. Foi subtitulada “Revista parroquial de San Juan de Poyo”. Editada e dirixida polo propio párroco nas súas seccións informaba sobre doutrina, homilías e novas da parroquia. Recollía, ademais, moitos artigos anónimos e poemas en galego do padre Crespo e de Ramón Cabanillas.