Amigos de los Pazos, Asociación

Amigos de los Pazos, Asociación

Asociación fundada en 1972 baixo a presidencia de Felipe Bárcena Varela de Lima. Dende 1973 está presidida por Juan Manuel López-Chaves Meléndez. O seu obxectivo é a difusión e defensa do patrimonio artístico, rural e urbano de Galicia e o camiño de peregrinación a Santiago, especialmente os camiños portugueses. Entre as súas publicacións cómpre citar: Inventario de pazos y torres, Los canteros gallegos, Restos visigóticos de la villa de Panxón, La catedral raíz de Europa, Guía del horreo gallego e Caminos portugueses a Santiago. Amais dos premios acadados na súa andaina a prol do Camiño de Santiago e do turismo rural, merece especial atención a súa contribución no Consello de Europa a prol da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.