Amigos del País de Lugo, Real Sociedad Económica

Amigos del País de Lugo, Real Sociedad Económica

Primeira asociación económica fundada en Galicia en 1783 polo Bispo Armañá. A súa actividade desenvolveuse sobre todo a partir da Real Orde do 18 de maio de 1834, que dispuña a constitución dunhas sociedades de dereito público para levar os principios do movemento da Ilustración a todos os recunchos do país, no eido económico e educativo. Crearon unha Escuela de Enseñanza Superior y Naútica en Ribadeo e unha cátedra pública de Matemáticas en Lugo. En 1841 o xefe político, Alexandre García, volveu promover a súa organización para apoiar o Goberno na protección da provincia en campos coma: Obras Públicas, Artes e Manufacturas, Comercio e Instrución Pública. Da última etapa desta sociedade só queda unha carta fechada en xaneiro de 1882.