amiloide
amiloide
(
-
adx
Semellante ao amidón.
-
s
m
[BIOQ]
Proteína complexa formada por unha fracción fundamental de natureza globulínica e unha pequena proporción asociada de mucopolisacáridos sulfurados. É unha substancia amorfa, hialina, tinguida de azul, como o amidón, por causa do iodo. Se se acumula en exceso en determinadas vísceras, causa a amiloidose.
-
s
m
[QUÍM]
Nome xenérico das variedades de hidrocelulosa, de peso molecular relativamente baixo, formadas por algunhas decenas de unidades de glicosa, que proporcionan na auga solucións coloidais ou xeles. Denomínanse deste xeito porque o iodo tíngueos de azul, como fai co amidón.
-
neuropatía amiloide
[PAT]
Afección causada pola infiltración de amiloides no sistema nervioso. Maniféstase con síntomas sensitivos e motores, análogos aos da polineurite.