amilopectina
amilopectina
(
s
f
[BIOQ]
Polisacárido ramificado, constituído unicamente por unidades de glicopiranosa α, que constitúe a fracción insoluble en auga quente do amidón e dá unha coloración violeta co iodo. O enlace entre as unidades glucosa faise nas cadeas lineais como na amilosa, pero as ramificacións prodúcense mediante enlaces glicosídicos α entre o hidroxilo semiacetálico e o hidroxilo da función alcol primario en posición 6. Os enlaces 1-6 son resistentes ás amilasas.