Ammón
Ammón
[MIT]
Deus do antigo Exipto. O seu nome significa ‘o oculto’. A súa orixe é escura e fíxose relevante a partir da XI dinastía, na que aparecía asociado ao Sol (Ammón-Ra). Como deus de Tebas, pasou a primeiro plano trala vitoria dos tebanos sobre os hiksos, e ocupou un lugar de privilexio no panteón, ademais de ser deus nacional a partir da expansión da XVIII dinastía tebana por Siria, Palestina e Nubia. Este feito repercutiu no campo relixioso, económico, político e artístico. A influencia de Amón comezou a minguar a partir da Baixa Época, cando se impuxo o culto aos animais sagrados, como o de Apis. Estaba representado por unha figura humana.