Ammón, oasis de
Ammón, oasis de
Oasis exipcio, actualmente denominado oasis de Sīwa. É o máis setentrional dos cinco oasis situados no deserto líbico ou occidental. Coñécese sobre todo porque Alexandre o Grande consultou alí o famoso Oráculo de Zeus ou Xúpiter Ammón. Consérvanse algunhas antigüidades que van da época faraónica á romana.