Amoedo Portela, Alejo

Amoedo Portela, Alejo

Pianista. Realizou os estudios musicais nos conservatorios de Pontevedra, Santiago e Vigo, especializándose no acompañamento vogal baixo a dirección de Miguel Zanetti. É profesor titular do conservatorio de Porriño e pianista acompañante no conservatorio estatal profesional de Pontevedra. Tamén colabora no conservatorio estatal superior de música en Vigo, xunto á soprano Teresa Novoa, con quen realizou numerosos recitais. Formando dúo de pianos, xunto a Carlos Pérez, obtivo o I premio do CMF (Concours Musical de France), o II premio na final celebrada en París e o Diploma de honor no TIM (Torneo Internacionale di Musica).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Redondela