amonal

amonal

(

s m [QUÍM]

Denominación xenérica duns explosivos militares moi destrutivos que se compoñen de mesturas de nitrato amónico, aluminio pulverizado, carbono e tri-dinitrotolueno. Un amonal típico contén o 16% de aluminio, o 12% de trinitrotolueno, o 62% de nitrato amónico e o 10% de carbono. Unha das variedades máis utilizada é a trinolita.