Amor e Vázquez, Xosé
Profesor emérito de estudos hispánicos na Brown University e doutor en Leis. Foi director de estudos graduados no Departament of Hispanic Estudies (Brown University), director do Centro de Estudios Latinoamericanos (Brown University), presidente da Asociación internacional de Valleinclanistas, vicepresidente da Asociación Internacional de Hispanistas, directivo do Instituto Internacional de Literatura Iberoamericana e directivo da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Obtivo a Orde de don Quijote da Sociedad Nacional Hispánica. Escribiu numerosos traballos e varias edicións sobre aspectos da literatura colonial e da literatura moderna hispánica, desde o s XVI ao XX, entre eles Gabriel Lobo Lasso de la Vega. Mexicana (1970), Estudios sobre el teatro antiguo hispánico y otros ensayos (1971), Homenaje a Juan López-Morillas. De Cadalso a Unamuno: ensayos sobre literatura e historia intelectual españolas (1987) e tamén publicou nas Actas do segundo congreso de estudios galegos “Homenaxe a José Amor y Vázquez”.
Cronología
-
Nacemento
-
Falecemento