Amor Soto, Luís
Tenente de Infantería de Mariña e logo revisteiro do arsenal Militar de Ferrol. Ostentou o cargo de vocal-directivo da Sociedade musical Airiños da Miña Terra de Ferrol, cofundador en 1914 e primeiro secretario do Coro Toxos e Froles sendo figura clave deste durante moitos anos xunto co gaiteiro Manuel Lorenzo. Destacado traballador e defensor do folclore e a cultura galega a través de diversas manifestacións, mantivo relación con grandes figuras da súa época (Perfecto Feijóo, Rey Soto, irmáns Carré, etc). En relación coa súa profesión, publicou en 1907 Formularios prácticos con sujección a la Ley de Enjuiciamiento Militar de Marina. No arquivo do Real Coro Toxos e Froles consérvanse varias obras teatrais en galego (manuscritos) da súa autoría que foron representadas no teatro Jofre de Ferrol: A Fiada (1920), logo titulada N’a fiada; Dous amores (1923); Pedriño ou para mariñeiros nós (1933); nestas representacións escénicas, a través do coro actuante, incorporábanse música, baile e canto popular nos diálogos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrol -
Deceso