Amores
Amores
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural de Tui. Nunha casa desta cidade pertencente ao I conde de Urbina, Federico Amores e Ayala, aparecen as armas desta estirpe: en campo de prata, unha banda de goles, con dous leóns enfrontados e sumados á banda, un no alto e outro no baixo.