amorfo -fa

amorfo -fa

(< gr ἄμορϕος< ἀ ‘sen’ + μορϕή ‘forma’)

  1. adx

    Sen forma determinada.

    Ex: É un sillón de novo deseño pero completamente amorfo.

  2. adx [FÍS/QUÍM]

    Sen cristalizar.

    Ex: Fósforo amorfo. Este elemento presenta unha estrutura amorfa.

  3. adx e s [PSIC]

    Dise do individuo de personalidade feble, apático, indiferente e sen iniciativa.

    Ex: Como é unha persoa completamente amorfa, abusan del.

  4. adx [XEN]

    Dise dos alelos mutantes que non producen ningún efecto sobre o carácter en que se manifestan os seus alelos homólogos normais.

Palabras veciñas

Amores | amorfia | amorfinismo | amorfo -fa | amorfognosia | amorgallar | Amorgós