amorfo -fa
amorfo -fa
(< gr ἄμορϕος< ἀ ‘sen’ + μορϕή ‘forma’)
-
adx
Sen forma determinada.
Ex: É un sillón de novo deseño pero completamente amorfo.
-
adx
[FÍS/QUÍM]
Sen cristalizar.
Ex: Fósforo amorfo. Este elemento presenta unha estrutura amorfa.
-
adx e s
[PSIC]
Dise do individuo de personalidade feble, apático, indiferente e sen iniciativa.
Ex: Como é unha persoa completamente amorfa, abusan del.
-
adx
[XEN]
Dise dos alelos mutantes que non producen ningún efecto sobre o carácter en que se manifestan os seus alelos homólogos normais.