amortecer

amortecer

(< a + lat mortificare)

  1. v t

    Extinguir ou facer que alguén actúe como morto.

    Ex: A súa desgana amorteceu ós alumnos.

  2. v t

    Mitigar a intensidade ou violencia dunha acción, dun movemento, etc.

    Ex: As paredes do local amortecían ese son estrondoso da música.

  3. v t

    Diminuír o vigor ou o sentido.

    Ex: Esa señora amorteceu con tanta calor.

    Sinónimos: desfalecer, esmorecer.
  4. v t [TECNOL]
    1. Nun sistema físico capaz de oscilar, diminuír ou suprimir a amplitude das oscilacións non desexables.

    2. Nos sistemas mecánicos, absorber ou transformar a enerxía dos corpos sometidos a impactos, sexan periódicos ou non.

Conxugar
VERBO amortecer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortezo
amorteces
amortece
amortecemos
amortecedes
amortecen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecía
amortecías
amortecía
amorteciamos
amorteciades
amortecían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecín
amorteciches
amorteceu
amortecemos
amortecestes
amorteceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecera
amorteceras
amortecera
amorteceramos
amortecerades
amorteceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecerei
amortecerás
amortecerá
amorteceremos
amorteceredes
amortecerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecería
amortecerías
amortecería
amorteceriamos
amorteceriades
amortecerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amorteza
amortezas
amorteza
amortezamos
amortezades
amortezan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecese
amorteceses
amortecese
amortecesemos
amortecesedes
amortecesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecer
amorteceres
amortecer
amortecermos
amortecerdes
amorteceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
amortece
-
-
amortecede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amortecer
amorteceres
amortecer
amortecermos
amortecerdes
amorteceren
Xerundio amortecendo
Participio amortecido
amortecida
amortecidos
amortecidas