Amour, Djebel
Amour, Djebel
Macizo montañoso de Arxelia, que forma parte do Atlas Sahariano. Sitúase na liña divisoria entre o Magreb e o Sáhara e está constituído por diversas cordilleiras separadas por depresións sinclinais que toman a dirección sudoeste e nordeste. Está culminado polo Djebel Ksel (2.008 m).