Ampère, André-Marie

Ampère, André-Marie

Físico e matemático francés autodidacta. Interesouse por todas as ramas do coñecemento. Desde o ano 1801 foi profesor de Física e Química na École Centrale de Bourg-en-Bresse, onde escribiu a súa primeira memoria científica, sobre a teoría do xogo (1802). Napoleón nomeouno inspector xeral de instrución pública (1808). En 1814 ensinou Filosofía na Facultade de Letras e Física na Facultade de Ciencias da Académie des Sciencies (na que entrou como membro numerario na sección de Matemáticas) e, dende 1824, no Collège de France. Dende 1807 ata 1815 traballou sobre Química: distinguiu entre átomos e moléculas e chegou ás mesmas conclusións ca as expostas na lei de Avogadro, independentemente deste un ano despois. A partir das experiencias de Oersted sobre a desviación de agullas imantadas por unha corrente eléctrica, interesouse polos fenómenos electromagnéticos e elaborou a teoría da orixe electrodinámica das accións magnéticas (1820). Estudiou a acción mutua entre imáns e correntes e formulou as leis básicas do electromagnetismo (1927).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Polémieux, Lión

  • Deceso

    Lugar : Marsella