Ampère, Jean-Jacques

Ampère, Jean-Jacques

Historiador da literatura e crítico francés, fillo do científico André-Marie Ampère. Foi un dos primeiros que se trasladou ás fontes da orixe como método para establecer unha literatura comparada. É o autor, entre outros libros, de: Historia romana en Roma (1858), obra na que estableceu o seu método analítico baseado no emprego de fontes orixinais, rexeitando as versións modernas, medievais ou aquelas chegadas pola transmisión e reprodución de textos, para fixar os textos que servirían de base aos estudios de literatura comparada.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lión

  • Deceso

    Lugar : Paz, Bearn