amperímetro
amperímetro
(
-
s
m
[FÍS]
Galvanómetro destinado a medir a intensidade dunha corrente eléctrica. Fundamentalmente conéctase en serie coa liña, polo que a súa resistencia eléctrica interna ten que ser tan baixa como sexa posible, desprezable en comparación coa do circuíto principal. Para intensidades elevadas non se poden construír aparellos de dimensións adecuadas, polo que tan só se colle unha parte da intensidade que garda sempre a mesma relación co total. Os amperímetros poden ser de cadro móbil e imán fixo, electromagnéticos, con bobina fixa e ferro móbil, electrodinámicos, térmicos e con axuste termoeléctrico.
-
amperímetro de pinza
[FÍS]
Amperímetro provisto dunha argola que se pode abrir co obxecto de meter un condutor cando este non se pode interromper.