Amudarja

Amudarja
Nome científico: [ou Amu-Darja; ant: Oxus]

Río que drena Tadzhikistán, Turkmenistán, Uzbekistán e Rusia, e que leva as súas augas ao mar de Aral (2540 km). Nace en Pamir, en Tadzhikistán, da confluencia do P’andž e o Vakhš. O seu curso medio e baixo constitúe a liña divisoria entre os desertos de Karakum e Kyzylkum. A desembocadura é un delta con catro canais principais e, nun deles, atópase a cidade de Mujnak.