Amur
Amur
Río de Asia que constitúe a liña divisoria entre a Asia central árida, Siberia e a Asia oriental monzónica (4.350 km e 1.850.000 km2 de conca). Nace na fronteira ruso-chinesa da confluencia do Argún e o Xilka e forma a fronteira entre os dous países ata Khabarovsk, onde toma bruscamente dirección norte cara ao territorio ruso e á desembocadura no mar de Okhotsk, preto de Nikolajevsk-na-Amure. O seu curso superior ten poucas aportacións por mor da aridez das rexións que drena pero enriquécese, de seguido, polas aportacións do Zeja e o Bureja, afluentes pola esquerda, e do Ussuri, pola dereita.