Ana I de Inglaterra

Ana I de Inglaterra

Raíña de Inglaterra, de Irlanda e de Escocia (1702-1714), da liñaxe dos Estuardo. Segunda filla de Xaime II de Inglaterra e de Ana Hyde; en 1683 casou con Xurxo de Dinamarca. Durante a revolución de 1688, que entronizou en Inglaterra o stadhouder de Holanda, Guillerme de Orange (Guillerme III de Inglaterra), marido da súa irmá María, Ana mantívose á marxe da política, mais polo Act of Stablishment de 1701 foi declarada sucesora do seu cuñado. Durante o seu Reinado presidido polas discordias entre os whigs e os tories que conseguiron impoñerse dende 1710, realizouse a unión política de Inglaterra e Escocia polo Act of Union (1707). En política exterior, nas guerras provocadas pola sucesión española, procurou atraer os cataláns á causa austríaca a cambio de garantir o sistema político catalán (sinatura do pacto de Xénova en 1705). A pesar dos memoriais dirixidos a Felipe V polos embaixadores ingleses Dartmouth e Lexington, o Tratado de Utrecht (1713) estableceu a evacuación das tropas aliadas de Cataluña e o dominio de Inglaterra sobre Menorca, ocupada en 1708.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso